Portada > Actualidad > Vilaño preparada para acoller a carreira popular do apóstolo

Vilaño preparada para acoller a carreira popular do apóstolo

A parroquia de Vilaño prepárase para celebrar o evento máis multitudinario do concello da Laracha, que o ano pasado contou con preto de 750 participantes, e que este ano pechou inscripcións con 796 persoas (451 inscritos nas categorías da carreira popular e 231 inscritos  na proba absoluta.

Esta terceira edición da Carreira Popular do Apóstolo implicará cortes ao tráfico nas principais vías que conectan Vilaño co casco urbán, e que estarán controladas por un total de 5 policías locais e 25 voluntarios de protección civil que se encargarán de regular a circulación ao largo dos dez quilómetros dos que consta o percorrido da proba e que terá lugar o próximo sábado. As principais carreteras de entrada a Vilaño serán cortadas ao tráfico as 17:30 horas.

A Organización conta con un amplo aparcamento no lugar de Quintáns que estará debidamente sinalizado desde o casco urbán (Carretera A Laracha – A Silva, km1; no Lugar de Formigueiro xirar á dereita dirección Quintáns).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *