viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > Unha nova senda que une A Laracha e Paiosaco é un itinerario peonil e ciclista

Unha nova senda que une A Laracha e Paiosaco é un itinerario peonil e ciclista

Senda peonil A Laracha – Paiosaco

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou o 10 de xaneiro a comarca de Bergantiños, na que a Xunta vén de rematar dúas sendas peonís e ciclistas, a de Laracha- Paiosaco e a de Xornes- Buño- Canta la Rana, para facilitar os desprazamentos cotiás dos veciños en condicións de seguridade.

A nova senda que une A Laracha e Paiosaco é un itinerario de uso compartido, peonil e ciclista, duns 1,5 km de lonxitude, pola marxe esquerda da estrada AC-552; da continuidade ás beirarrúas existentes e comunica os dous núcleos onde se concentran os principais equipamentos do municipio.

Esta actuación supuxo un investimento da Xunta que supera os 700.000 euros.

 

A conselleira avanzou que nos próximos meses se porán en servizo outros 3 itinerarios que actualmente están en execución, o de Carballo-Bértoa; o de Neaño-Cabana e o da Laracha-O Cancelo. Concretou que tamén se seguirá traballando nas outras 2 sendas previstas, cuxos proxectos están en supervisión: Laxe-Paseo Marítimo e Carballo-Coristanco.

O obxectivo da Consellería é facer realidade canto antes os outros 5 itinerarios do Plan de Sendas da comarca de Bergantiños, entre eles, e tamén no concello da Laracha, a senda iniciada en outubro na estrada AC-552, entre A Laracha e O Cancelo, á que se destinan arredor dun millón de euros, e cuxo remate se prevé este mesmo verán.

O Goberno galego investirá, en total, preto de 5 millóns de euros no Plan de Sendas da Comarca de Bergantiños, o que vai permitir poñer á disposición dos cidadáns 7 novas sendas que suman 11 km.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *