jueves, diciembre 14, 2017
Portada > Bergantiños > Unha Asociación de xornalismo social busca mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, para participar no proxecto Os nosos dereitos

Unha Asociación de xornalismo social busca mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, para participar no proxecto Os nosos dereitos

PEstudio busca mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, para participar no proxecto Os nosos dereitos

A Asociación de xornalismo social PEstudio busca mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, para participar no proxecto “Os nosos dereitos”. Este proxecto, subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, inclúe sesións formativas sobre os dereitos da infancia e obradoiros audiovisuais, de radio e redes sociais.

O obxectivo final do proxecto é dar a coñecer e concienciar sobre as necesidades e dereitos da Infancia. Para iso, realizarase un programa radiofónico, que se emitirá a nivel autonómico. Este é un proxecto que trata de fomentar a participación da xuventude e infancia na súa comunidade e na súa contorna, dende unha actitude construtiva, creativa e innovadora, establecendo novos espazos para a comunicación coa axuda das novas tecnoloxías, concretamente realizando nun espazo radiofónico no que comunicar as necesidades e dereitos da infancia e mocidade galega.

Dende “P ESTUDIO, Asociación Periodística de Estudios y Comunicación” queremos que os propios mozos e mozas, sexan os que poñan de relevancia os problemas relacionados coa Infancia; comunicar as situacións de desamparo que poidan sufrir os menores de idade; fomentar o interese social e debate sobre a crianza da Infancia; servir de punto de encontro entre profesionais, institucións e sociedade para evitar as consecuencias de esquecer o bo trato ao que teñen dereito os nenos e as nenas; e comunicar problemas e solucións sobre os sectores máis desfavorecidos.

Queremos polo tanto por en marcha un proxecto de relacionado coas novas tecnoloxías, no que os mozos e mozas, nenos e nenas, contribúan a dar a coñecer as súas necesidades e os seus dereitos. Respondendo así ao seu dereito a ser escoitados.

Por iso a no nosa proposta pretende implicar a xente moza ea infancia na difusión dos seus dereitos, nun formato radiofónico, cunha linguaxe o mais próxima posible, que poida ser seguido tando no dial como dende internet. Con este proxecto ofrecemos competencias útiles para o seu desempeño persoal, social e profesional. Promovemos a imaxinación e a creatividade, como elementos fundamentais para acadar procesos de cambio nos que eles son parte fundamental.

Ademais, búscase concienciar á mocidade de que son parte da solución das cuestiones que lles afectan.

As inscripcións permanecerán abertas ata o 19/09/2017 Duración proxecto: 20/09/2017 – 13/10/2017 Lugar de realización: A Coruña (Rúa San Andrés 121) Máis información e inscripcións: dircompestudio@gmail.com / 690331611 / www.elportaldelainfancia.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *