Portada > Actualidad > Un cheque de Adro de Vilaño para Cáritas

Un cheque de Adro de Vilaño para Cáritas

A asociación Adro de Vilaño fixo entrega do cheque solidario pola cantidade de 630 euros a Cáritas. Trátase dos donativos procedentes da Andaina Saudable e Solidaria organizada durante a III Carreira Popular do Apóstolo, o pasado 21 de xullo (2018).

Membros da directiva da Asociación fixeron a entrega a Cáritas de A Laracha do cheque solidario.

O pasado 21 de xullo en Vilaño a Asociación congregou a preto de 800 persoas na súa terceira edición desta carreira. Arsilia Sánchez, xunto co párroco Manuel Boullón (ambos representates da organización benéfica) recolleron o cheque o pasado sábado 13 de outubro no Centro Sociocultural de Vilaño, da man de Rubén Mallo, secretario de Adro de Vilaño.

Esta recaudación foi posible gracias ao éxito de participación na Andaina Saudable e Solidaria que contou con 340 persoas entre adultos e nenos, dos cales a metade da recaudación das inscripcións xunto con donativos anóninos fixeron realidade este cheque.

Orfi agradeceu aos organizadores a colaboración, que ten por obxecto axudar as persoas que menos recursos teñen no Concello.

Os integrantes de Adro de Vilaño móstranse satisfeitos de poder colaborar con esta causa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *