lunes, noviembre 20, 2017
Portada > Actualidad > Última fase de execución das obras en Epifanio Campos

Última fase de execución das obras en Epifanio Campos

A transformación da céntrica da Laracha formada polas rúas Epifanio Campo Núñez, e o seu punto de confluencia coas rúas Eusebio Bértoa Queijo e Luis Martínez Vázquez; Coruña; Pontevedra; e Suíza, será xa unha realidade nos vindeiros días.

O oxectivo do Goberno local é mellorar a accesibilidade e reordenar o tráfico de vehículos en todo o ámbito.

Unha das melloras, entre outras que se levaron a cabo, consistiu na instalación de reixas de desaugue nun tramo da rúa Epifanio Campo Núñez, punto no que, debido á súa pendente, se acumulan fronte aos edificios e locais comerciais as augas pluviais procedentes doutras rúas próximas.  En todo momento as actuacións priorizan o tránsito peonil en condicións de seguridade e accesibilidade universal coa completa renovación das beirarrúas, que agora teñen unha amplitude mínima de dous metros a ambos lados da calzada, o que tamén permitirá a creación de zonas de descanso nese itinerario e dar unha maior visibilidade aos baixos comerciais.

Ao mesmo tempo, a zona de rodadura dos vehículos será dotada cun novo pavimento e quedará fixada unha nova ordenación do tráfico, establecendo o sentido único de circulación para posibilitar o mantemento das áreas de aparcadoiro a ambas marxes da calzada e o acondicionamento de novas prazas de estacionamento dirixidas a persoas con mobilidade reducida. Todo isto implica a renovación da sinalización horizontal e vertical, así como a regulación de todas as interseccións para que sexan claras e seguras tanto para os peóns como para os condutores.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *