lunes, agosto 20, 2018
Portada > Actualidad > Ultima andaina “Coñece o teu Concello”: as pedras de Soandres

Ultima andaina “Coñece o teu Concello”: as pedras de Soandres

O domingo 10 de xuño de 2018 remata o programa de andainas “Coñece o teu Concello” que organiza o departamento de Cultura e Deportes da Laracha co obxectivo de ofrecer á veciñanza oportunidades para descubrir diferentes zonas do interior do termo municipal que destacan pola súa natureza, paisaxes, patrimonio histórico e presenza de recursos turísticos de relevancia.

Despois das andainas xa realizadas nos entornos fluviais do Anllóns e do Bradoso, nesteocasión proponse o roteiro titulado ‘As pedras de Soandres’,de dificultade moderada e 13 quilómetros de distancia. Partirase do mosteiro de San Pedro de Soandres, visitaranse o Forno dos Mouros de Silvoso e a Pedra da Cabirta e concluirase o percorrido no miradoiro de Santa Marta, no punto de confluencia das parroquias de Soandres, Soutullo e Coiro.

O Concello da Laracha pon autobuses a disposición dos participantes. A saída está prevista para as 9:30 ha Praza do Concello e o regreso, ao remate da andaina. As inscricións son gratuitas e deben formalizarse no Concello, ben acudindo á Casa Consistorial ou chamando ao 981 605 001.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *