Portada > Actualidad > A tradición oleira de Buño vai por unha nova edición

A tradición oleira de Buño vai por unha nova edición

Olería de Buño. Fuente www.feriasengalicia.com

Olería de Buño. Fuente www.feriasengalicia.com

O venres pasado, día 1 de agosto, inaugurábase a 31ª edición da Mostra de Olería de Buño, que durará ata o día 10 deste mesmo mes e que contou coa directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, a cal salientou a grande importancia que tes esta tradición para a evolución da artesanía en Galicia.

Ademais, destacou que Buño é un dos catro centros de olería tradicional que se conservan en Galicia, sendo o labor dos artesáns moi importante, levando tamén a incorporar este fondo coñecemento do oficio na creación de pezas de olería contemporánea.

Fora das fronteiras galegas, exporanse pezas de dous obradoiros artesáns de Buño nas feiras profesionais de Estocolmo e Londres no marco do stand da marca Artesanía de Galicia, co obsectivo de incorporar a artesanía tradicional nas últimas tendencias da decoración de interiores.

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *