viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > Traballos dos alumnos do obradoiro de emprego no Edificio de usos administrativos

Traballos dos alumnos do obradoiro de emprego no Edificio de usos administrativos

Obradoiro emprego A Laracha

Os membros da especialidade de carpintería e moble do obradoiro A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego IV comezaron a finais de febreiro a realizar as actuacións previstas de mellora das instalacións do edificio de usos administrativos da Laracha, situado na Avenida Fisterra.

Estes traballos están divididos en dúas actuacións diferenciadas que se están levando a cabo de xeito simultáneo.

Por unha banda realízase o mantemento da fachada, incluíndo a substitución da madeira que caracteriza a singularidade do edificio.

Por outro lado, xa no interior estanse acometendo as obras referidas ás divisións interiores das plantas superiores, ata o de agora diáfanas, para acadar un máis óptimo aproveitamento dos espazos dispoñibles.

Tamén levárase a cabo outra das principais actuacións programadas, consistente nos labores de limpeza e mantemento da pasarela de madeira do paseo fluvial do río Vilán, na parroquia de Cabovilaño.

A realización de todos estes traballos corresponde á parte práctica do obradoiro de emprego, na que os alumnos están a mostrar os coñecementos adquiridos na fase teórica que, precisamente, se realiza no propio edificio de usos administrativos que está a ser obxecto das obras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *