jueves, diciembre 14, 2017
Portada > Bergantiños > O Silvoso esconde a maior pedra abaladoira da Costa da Morte

O Silvoso esconde a maior pedra abaladoira da Costa da Morte

Foto: La Voz de Galicia

(Miriam Cancela) O Silvoso esconde unha pedra singular. A cultura megalítica e castrexa deixaron a súa pegada case eterna no territorio galego. Eses anacos de historia en forma de túmulos, mámoas, menhires ou castros sufriron as adversidades do tempo e tamén da acción ou a inacción humana. Foron moitos os destrozos causados pola ignorancia do seu valor ou a necesidade de atopar pedra para a construcción pero grande foi tamén o dano causado pola nula responsabilidade amosada polas administracións. Maliaiso, son moitos os xacementos arqueolóxicos que sobreviven e que enriquecen a nosa cultura. Para moitos temos explicación como os castros, poboados castrexos ou as mámoas, monumentos funerarios. Nembargantes, hai tamén elementos naturais que sorprenden e aos que lles atribúe, en ocasións, explicacións máis aló do meramente terrenal. As pedras abaladoiras son claro exemplo destas singularidades naturaisás que lles outorga un significado case espiritual, como a Pedra de Abalar de Muxía.

No concello de A Laracha ubícase a pedra abaladoira de “maior tamaño da Costa da Morte e quizais de Galicia”, en verbas de Pablo Sanmartín, arqueólogo do Colectivo A Rula. Este enorme penedo, ubicado no monte Silvoso en Soandres, mide seis metros de alto, dous de ancho e case catro de alto e o seu peso ronda as 60 toneladas. “A singularidade deste gran óvalo granítico radica na súa disposición natural, tan ben equilibrada que unha soa persoa pode chegar a abalar sen gran esforzo a pesar do seu enorme tamaño” explica o arqueólogo.

Esta pedra abaladoira, xa populariza como Pedra Cabirta, non se atopa soa nesta zona. Como sinala o concelleiro Urbanismo e Patrimonio de Laracha Jesús Souto, “non haisó esa pedra peculiar, haioutra que se pode asemellar a un dolmen natural e outra peneda grande. O curioso é que son pedras ailladas, non se trata dunha formación rocosa”.

A Pedra Cabirta “carece de gravados ou calquera evidencia que permita a súa catalogación como un ben arqueolóxico. Malia todo non deixa de ser un elemento natural de importante valor polas súas peculiares características xeolóxicas”, explican dende o Colectivo Rula. Aínda que non sexa un ben arqueolóxico, dende hai un tempo “si hai visitas e rutas de sendeirismo ou BTT que pasan pola zona aínda que non están sinalizadas” apunta o concelleiro.

Os vestixios arqueolóxicos do concello da Laracha son abundantes e a súa protección é unha necesidade para evitar o seu deterioro e sacalos da situación de abandono na que se atopan. “Ata faipoucos anos faltaba rigor e agorahai que facer divulgación para que a xente se conciencie”. O Concello ten previsto adquirir para o próximo ano o Menhir de Erboedo e o castro de Montesclaros para poñelos en valor. Tamén na zona da pedra Cabirta atópanse xacementos arqueolóxicas en forma de mámoas e dolmen, aínda que non está plantexado polo de agora, “cando se adquiran poderiasef acerunha ruta duns cinco quilómetros entre Silvoso e Montemaior que pase polas mámoas e o entorno da pedra Cabirta”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *