lunes, agosto 20, 2018
Portada > Actualidad > Segunda quenda do campamento urbano

Segunda quenda do campamento urbano

O Concello da Laracha continúa desenvolvendo o programa de actividades de verán, que inclúe propostas especialmente dirixidas aos nenos como medio de ofrecerlles a eles alternativas para o aproveitamento do seu tempo libre e, aos seus pais, unha axuda para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante as vacacións do verán.

Hoxe venres 10 de agosto de 2018 remata a segunda quenda do campamento urbano da Laracha dirixido a nenas e nenos de idades comprendidas entre os tres e os sete anos.

Os cativos realizaron diversas actividades educativas, deportivas e ludo-recreativas nas instalacións do pavillón do IES Agra de Leborís durante as mañás, desde as 9:00 ata as 14:00 horas.

Nesta segunda quenda participaron 22 nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2015 que estiveron atendidos por monitores especializados.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *