lunes, agosto 20, 2018
Portada > Actualidad > Rock para pechar as festas patronais da capital municipal

Rock para pechar as festas patronais da capital municipal

A segunda edición do festival A Laracha Rock celebrarase o sábado 18 de agosto de 2018 baixo a organización do Concello da Laracha e cun cartel formado por catro bandas: Agoraphobia, Hexany, Broa e Aula 11.

O evento desenvolverase na explanada fronte ao IES Agra de Leborís e a biblioteca municipal da Laracha. Ás 22:30 horas comezarán os concertos, que se prolongarán ata as tres da madrugada.

A banda feminina de indie rock Agoraphobia -formada por Susana (vogalista), Sabela (guitarra), Paula (batería) e Lucía (baixo)- será o prato forte do festival. Este grupo procedente do Concello de Boiro, actuou nos últimos anos en Madrid, Barcelona, Bilbao e Sevilla dentro dos circuítos ‘Girando por salas’ e ‘Artistas en Ruta’. Neste 2018 están nos line-ups dos festivales máis importantes de España, como MadCool, Resurrection Fest, Festival Gigante e Montgorrok.

Hexany é un grupo de rock alternativo formado na Coruña en 2012. Trátase dunha proposta atrevida chea de calidade e sentimento. David Ferreiro á voz e á guitarra e Abraio Piñán, tamén á guitarra, son os fundadores da banda, á que se sumaron Manu Vázquez ao baixo e Miguel Vieites á batería. Todos os compoñentes estudaron no ConservatorioProfesional da Coruña diferentes estilos: jazz, ska, folk e música clásica.

Aula 11 naceu en Carballo a finais de 2014 e está composto por Guille (voz e guitarra), Eirín (guitarra e coros), Haime (baixo e coros), Juan (batería) e Gabi (saxo).

E Broa trátase dunha banda de stoner rock recentemente creada. Os seus membros son naturais da larachesa parroquia de Soandres e de Cerceda. Actualmente están a traballar no lanzamento do seu primeiro disco.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *