jueves, diciembre 14, 2017
Portada > Actualidad > Representantes da FEMP comproban o funcionamento de “Harmoniza”

Representantes da FEMP comproban o funcionamento de “Harmoniza”

Representantes da FEM comproban na Laracha o funcionamento de Harmoniza

O director da área de Dereitos Sociais e Cidadanía da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), Joaquín Corcobado, e a responsable do convenio entre a citada asociación co Instituto de la Mujer y para la Igualdade de Oportunidades, Dolores Palacios, ven de visitar A Laracha, onde mantiveron unha reunión co alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira responsable das áreas de Muller e Servizos Sociais, Rocío López, e a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, Ana Aldao.

No mes de marzo o Programa Harmoniza do Concello da Laracha fora posto como exemplo pola FEMP como iniciativa municipal dirixida a facilitar e fomentar a transversalidade de xénero, a conciliación e a corresponsabilidade na vida persoal, familiar e profesional no ámbito local. Presentáranse en total 163 municipios, obtendo o proxecto larachés a valoración máis alta, realizada dun xeito totalmente obxectivo por profesionais externas e expertas en materia de igualdade.

Aquel premio situara o Concello como un referente nacional entre os municipios españois do mesmo estrato de poboación no desenvolvemento e implementación de plans desas características. Ademais, a subvención concedida facilitou que o proxecto inicial do Programa Harmoniza fose ampliado para comezar a ofrecer neste curso escolar o servizo Madrugadores nos centros de educación infantil e primaria do municipio.

Dita achega económica fora establecida nun convenio de colaboración entre a FEMP e o Concello.

Este encontro tivo por finalidade realizar un seguimento dos acordos e comprobar persoalmente o bo funcionamento do Programa Harmoniza, motivo polo cal os membros da FEMP visitaron as instalacións da aula lúdica municipal e se interesaron pola actividade que se desenvolve nela ao longo de todo o ano.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *