Portada > Actualidad > Regresan Os seráns de baile á Laracha e Paiosaco

Regresan Os seráns de baile á Laracha e Paiosaco

Hoxe sábado 6 de outubro, Os Seráns de Baile regresan ás instalacións do centro sociocultural de Paiosaco no seu horario habitual, de 18:00 a 21:00 horas, trala pausa do verán.

O Concello recupera as tradicionais tardes de música, baile e ocio para a terceira idade, ás que están convidados a asistir dun xeito totalmente gratuíto todos os veciños maiores, xubilados e pensionistas residentes na Laracha.

Os Seráns de Baile, o primeiro e o terceiro sábado de cada me,s celébranse en Paiosaco, coincidindo coa véspera da feira quincenal, no salón de actos do centro sociocultural de Paiosaco.

O segundo, cuarto e, no caso de habelo, quinto sábado do mes, desenvolverase no baixo da biblioteca municipal da Laracha.

O Concello da Laracha ofrece esta alternativa de ocio o colectivo da terceira idade para optimizar o tempo libre e favorecer as relacións sociais entre persoas dese grupo de idade

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *