Portada > Actualidad > Programa municipal de actividades de inverno: aberto o prazo de inscripción

Programa municipal de actividades de inverno: aberto o prazo de inscripción

O Concello da Laracha ten aberta a inscrición nos diferentes cursos, obradoiros e escolas deportivas municipais que conforman a oferta incluída no programa de actividades de inverno 2018/2019 que se vai desenvolver desde o mes de outubro e ata o finais de maio.

En total hai 32 propostas, 19 son para adultos e 13 para nenos.

Son obxectivos esenciais deste programa o aproveitamento do tempo libre dos veciños, facilitar a práctica de actividades deportivas entre os adultos e os rapaces, favorecer a conciliación da vida persoal e laboral das familias con nenos ao seu cargo e aprender novos coñecementos útiles para a vida diaria.

A oferta de actividades para nenos e mozos inclúe curso de robótica e programación, parkour (arte do movemento), a Escola Municipal de baloncesto, fútbol sala, informática, manualidades e pintura ao óleo, pequecociña, pádel, patinaxe, teatro, tiro con arco, xadrez e zumba kids. Os horarios das propostas do programa son compatibles cos dos centros de ensino para facilitar a participación dos rapaces.

As persoas adultas poden participar en cursos de ximnasia de mantemento, ioga, pilates, aeróbic, aquagym, arte floral, bailes latinos, cociña, encaixe de palillos, restauración e tapizaría, informática, labores de tecido, manualidades e pintura ao óleo, memoria e alfabetización, pádel, patchwork e obradoiro de reciclaxe (elaboración de mobles con palés, caixas, etc.).

É requisito imprescindible para poder inscribirse en calquera das actividades estar empadroados no termo municipal. Como en anos anteriores, a cota xeral de inscrición será de 20 euros por toda a duración dos cursos, podéndose aboar por transferencia ou con tarxeta bancaria no propio Concello. Haberá descontos para as persoas que se apunte en dúas ou máis actividades. Tamén existen reducións do 50% no prezo das actividades para os menores de 18 anos de idade, as persoas maiores de 65 anos, familias numerosas e aquelas familias nas que todos os membros se atopen en situación de desemprego.

O Concello da Laracha tamén continúa apostando por descentralizar o oferta e levar determinadas actividades ás parroquiais, aproveitando a existencia de centros socioculturais e locais de titularidade municipal. Principalmente os cursos de arte floral e de ximnasia de mantemento, dúas actividades dirixidas a todos os públicos, son os que están a ter mellor acollida nas zonas rurais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *