viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > Primeira queda dos campamentos de verán de Caión

Primeira queda dos campamentos de verán de Caión

A primeira quenda dos campamentos de verán que cada ano organiza o Concello da Laracha, estase a desenvolver desde hoxe luns 2 xullo de 2018 e rematará o venres, sendo a praia de Caión o escenario da maioría das actividades que se están a levar cabo cos corenta nenos participantes, todos eles de idades comprendidas entre os oito e os once anos.

Cada día o autobús cos rapaces e os monitores sae da praza do Concello ás 10:00 horas e regresa 18:00. A parada para o xantar nas instalacións das antigas escolas da Ínsua de Caión é ás 14:00.

Durante toda a semana os participantes realizan moi diversas actividades lúdicas, recreativas, educativas, culturais e deportivas.

Nesta primeira xornada, na que houbo un cursillo de iniciación ao surf e diversas actividades na praia, os rapaces recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Patricia Bello.

O martes tres de xullo realizarase unha saída ao parque acuático de Cerceda. O mércores contarase coa colaboración do Club SAL na organización e desenvolvemento dos obradoiros de salvamento e socorrismo. Pola tarde tamén realizarán un obradoiro medioambiental. O xoves haberá unha xornada multiaventura en Padrón. E o venres, ruta de sendeirismo pola costa de Caión e xogos de orientación con GPS.

Neste campamento o Concello da Laracha asume os custos do transporte, do xantar e de todas as actividades que se realizan no termo municipal da Laracha.

A segunda quenda dos campamentos de verán de Caión, dirixida a mozos de entre doce e quince anos de idade, comezará a desenvolverse o luns da próxima semana. O prazo de inscrición permanece aberto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *