Portada > Actualidad > Prazo aberto para solicitar a participación en Xuntos polo Nadal

Prazo aberto para solicitar a participación en Xuntos polo Nadal

xuntosnadalO Concello da Laracha anunciou o seis de novembro, a apertura do prazo de presentación de solicitudes para os interesados en participar no programa de convivencia para persoas maiores Xuntos polo Nadal que pon en marcha a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Este programa vai dirixido a persoas que teñan máis de sesenta anos de idade e que se atopen soas durante o Nadal. Os beneficiarios da provincia da Coruña estarán do 23 de decembro ao 2 de xaneiro na residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán, Pontevedra). Están incluídos os servizos de aloxamento e a manutención en réxime de pensión completa, así como o transporte e as actividades socioculturais que se desenvolverán.

As persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude ou ampliar información sobre o programa dirixíndose ao departamento de servizos sociais do Concello. O prazo para a presentación de instancias remata o día 20 de novembro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *