lunes, noviembre 20, 2017
Portada > Actualidad > O Plan de loita contra a vespa velutina retira o inactiva ata 7.015 niños no 2016

O Plan de loita contra a vespa velutina retira o inactiva ata 7.015 niños no 2016

A Xunta de Galicia, a través do Plan de Vixilancia e Control da Vespa Velutina, retirou ou inactivou no que vai de ano 7.015 niños deste insecto en toda Galicia, a maioría na provincia da Coruña, 4.451. En Lugo foron 743, en Ourense, 34 e en Pontevedra, 1.787.

A primeira vez que se detectou en Galicia a presenza de velutina foi en 2012, nese momento actuouse sobre dous niños na nosa comunidade. Dende febreiro de 2014, cando a presenza deste insecto dou un salto cuantitativo, está en funcionamento o Plan de Vixilancia e Control impulsado por esta Consellería, co que se interveu sobre 572 niños.

Pero se ata 2015 era a Consellería do Medio Rural en solitario a que retiraba os niños (en todo o ano pasado foron 5.045) este ano sumáronse a este plan outros departamentos como as Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, concellos, a través da Fegamp, ademais de asociacións apícolas.

Medio Rural lembra que a vespa velutina non é máis perigosa para as persoas que a vespa autóctona (crabro). En todo caso, existe un teléfono específico para alertar da presenza deste insecto, o 012.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *