Portada > Actualidad > Parques biosaudables na Laracha e Caión

Parques biosaudables na Laracha e Caión

O Concello da Laracha inicia, a semana do 9 de xullo de 2018, os traballos de creación de dous parques biosaudables de similares características, un deles en Caión e o outro, no casco urbano da Laracha.

O de Caión será instalado no paseo marítimo á altura da rúa Campo da Ínsua, unha área do casco urbano da vila moi próxima ao colexio de educación infantil e primaria, ao consultorio médico e biblioteca municipal.

O da Laracha será creado no parque Maximino Canedo, que o Concello está a renovar, mellorar e modernizar nos últimos meses. Recentemente fora acondicionada unha pista multideportiva de uso libre.

Os parques biosaudables constarán do mesmo circuíto, estando equipados con xogos tipo bicicleta, esquí, balanza, xiro de cintura, patíns e temón. Tamén contarán con carteis informativos coas instrucións de uso de cada un dos elementos avaladas por médicos rehabilitadores e fisioterapeutas.

O Concello pretende fomentar os hábitos saudables e dinamizar e ofrecer novos usos sociais e deportivos a dous espazos ao aire libre nos núcleos urbanos da Laracha e de Caión con posibilidades de disfrute por parte da veciñanza. Os parques biosaudables serán aptos para o seu uso por todos os públicos, mozos e maiores, e incrementarán tanto a calidade das infraestruturas municipais como as posibilidades para a cidadanía de practicar actividades deportivas e de ocio.

Nestes dous proxectos o Concello da Laracha investirá máis de 25.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *