Portada > Actualidad > Paiosaco sabe a tapas

Paiosaco sabe a tapas

A primeira edición da ruta Paiosaco sabe a tapas celebrase na fin de semana, do venres 9 ao domingo 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, o patrón da parroquia de Lestón.

Os nove establecementos que forman parte do programa serán Café Bar Balbís, Bar Parrillada O Fogón da Pía, Cervecería Norte, Café Bar A Eira, Café Bar Bello Campo, Café Bar Lestón, Cervecería O Cepo, Cafetería Cervecería Suiza e Cafetería Trevi. Todos eles están situados na propia vila de Paiosaco ou en lugares próximos tamén situados na parroquia de Lestón.

Neses nove locais ofreceranse ao público as tapas ao prezo de 1,50 euros o venres (de 20:00 a 24:00 h) o sábado (de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 24:00 h) e o domingo (de 12:00 a 15:00 h).

Para amenizar as xornadas, haberá ruadas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco. Ademais, os consumidores que degusten as tapas participarán no sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras.

Coa posta en marcha desta iniciativa en Paiosaco por primeira vez, o Concello da Laracha pecha o círculo organizando programas destas características nos tres núcleos urbanos. A ruta de tapas da capital municipal xa está consolidada como un evento de referencia tanto en marzo como en agosto. En Caión neste ano houbo a primeira experiencia a principios dexuño, co inicio da temporada de verán. En Paiosaco faise nunha data de referencia como é o San Martiño.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *