Portada > Actualidad > Os nenos e nenas de Paiosaco poderán xogar no parque do Campo da Feira renovado 

Os nenos e nenas de Paiosaco poderán xogar no parque do Campo da Feira renovado 

O Concello da Laracha ten en fase de execución a obra de renovación do parque infantil situado no campo da feira de Paiosaco. Parte dos xogos xa foron instalados, como puideron comprobar o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Jesús Souto, nunha visita ao lugar no que se están a desenvolver as actuacións, onde estiveron acompañados polo director da obra.

O proxecto está valorado en 44.000 euros, dos cales o Concello da Laracha asume con fondos propios municipais o 40%. A parte restante será achegada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

O ámbito no que se sitúa esta zona de xogos será dotado cun novo pavimento de lousas de caucho como elemento de seguridade para atenuar o impacto das posibles caídas dos usuarios.

Os novos xogos infantís do parque son cooperativos, de maior capacidade que os dispoñibles anteriormente, e posibilitarán o seu uso simultáneo por 25 nenos. En concreto,as estruturas coas que contará o recinto son tobogáns, rede tridimensional, columpios ebalancíns.

Tamén serán instaladas papeleiras, bancos de madeira e paneis informativos.

Esta actuación forma parte do Plan de mellora dos parques infantís que está a desenvolver o Concello da Laracha e que comezara a executarse coa renovación dos existentes no CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, o CEIP Otero Pedrayo da Laracha e o da praza O Recreo, emprazada en pleno centro da capital municipal. Entre esas tres actuacións foran investidos 75.000 euros, procedentes integramente de fondos municipais.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *