Portada > Actualidad > Os da Laracha estrean imaxen corporativa

Os da Laracha estrean imaxen corporativa

O Goberno local aprobou no pleno municipal do mes de xullo de 2018, a nova imaxen corporativa do Concello, un logotipo se se empregará en toda a documentación municipal e na publicidade institucional.

O novo deseño, que non substitúe o escudo heráldico da Laracha, realizouse respectando os símbolos existentes no escudo heráldico oficial, xa que son considerados valores significativos do Concello larachés.

O logotipo conta na súa parte central coa representación dunha torre facendo referencia ás Torres de Cillobre (Torás) e ás Torres do Viso (Montemaior). A cada lado dela aparecen dúas espigas que simbolizan o carácter agrícola do municipio.

Debaixo, a cola dunha balea rememora a importancia que en séculos pasados tivo a pesca desta especie no porto de Caión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *