Portada > Actualidad > Os colexios preparados para o inicio do curso escolar

Os colexios preparados para o inicio do curso escolar

Ximnasio IES de Leborís

Ximnasio IES de Leborís

O mércores  11 de setembro, comeza o curso escolar 2013-2014 para o alumnado do segundo ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria, iniciándose, por tanto, a actividade no CEIP Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco, Caión, A Revoltiña de Soandres e tamén no centro de educación infantil (escola unitaria) de Cumiáns, na parroquia de Montemaior.

O Concello aproveito o verán, en coordinación coas direccións dos colexios, para acometer unha serie de actuacións de mantemento e reparación para que tanto as instalacións como os equipamentos estean en perfectas condicións para recibir o novo curso escolar e, deste xeito, facilitar a labor tanto do persoal dos centros como dos docentes e, por suposto, do alumnado.

No CEIP Otero Pedrayo da Laracha realizouse unha actuación dirixida a mellorar a instalación eléctrica do edificio de infantil, foron colocados paneis de corcho en diferentes estancias, revisouse o parque infantil, renováronse os vestiarios e acometeuse o novo pintado e a corrección de humidades, principalmente nos ximnasios, patio cuberto e na cociña do comedor.

No CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco realizáronse melloras na rede de calefacción co obxectivo de optimizar o seu uso e están a ultimarse os traballos no peche perimetral consistentes na instalación dunha malla sobre os muros.

Por outra banda, está previsto para o luns día 16 de setembro, o comezo das clases no IES Agra de Leborís, no que cursan os seus estudos alumnos de secundaria e bacharelato.

Neste caso, o Concello está a acometer o novo pintado da pista do pavillón polideportivo, incluíndo o completo remarcado das liñas das diferentes modalidades deportivas que se practican nesta instalación.

O Concello da Laracha tamén colaborou co propio centro na renovación do ximnasio. Realizouse o pulido e barnizado do solo e o novo pintado das paredes laterais para unha maior comodidade dos usuarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *