Portada > Actualidad > Obras de mellora nas estradas de Soandres e Soutullo

Obras de mellora nas estradas de Soandres e Soutullo

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e Manuel López, representante da empresa Construcciones López Cao, o 25 de agosto de 2018, asinaron o contrato da obra de mellora das estradas municipais nas parroquias de Soandres e Soutullo.

Esta actuación afecta a 13 estradas rurais nas que será mellorada a superficie de rodadura para facilitar a circulación dos vehículos e reforzar a seguridade viaria.

Dez dos puntos de intervención están localizados na parroquia de Soandres, en concreto cinco estradas no lugar de Villamir, unha nos núcleos de A Bouza e a Ferradura e as vías A Baiuca-A Orraca, Currelos-AC 523 e Condes-DP 1913.

En Soutullo actuarase en outros tres lugares, que son os núcleo de Vilar do Boi e de Novás e a estrada que comunica precisamente Novás co Igrexario desta parroquia.

En total intervirase nunha lonxitude próxima aos cinco quilómetros de distancia lineal. O proxecto está valorado en 170.000 euros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *