Portada > Actualidad > O VI Circuito provincial de carreiras populares chega a Laracha

O VI Circuito provincial de carreiras populares chega a Laracha

 

O VI Circuíto provincial de carreiras populares “Deputación da Coruña” chega a 30 concellos da provincia, entre eles ó concello da Laracha o día 21 de xullo de 2018. A Deputación e a Federación Galega de Atletismo esperan alcanzar este ano os 15.000 participantes

A axenda das competicións, que se estende entre os meses de abril e decembro, espera acadar nesta 6ª edición a cifra de 15.000 participantes, despois de que o ano pasado se chegase case aos 14.000 entre as diferentes categorías (benxamín, alevín, cadete, xuvenil, absoluta e veteranos).

Teo, Vimianzo, Oroso, O Pino, Curtis, Frades, Mazaricos, Outes, San Sadurniño, Zas, Culleredo, Carballo, Cee, Muxía, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Cambre, Ferrol, Carnota, Noia, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Brión, Sada, Fisterra, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro e Porto do Son serán os municipios que acollerán as carreiras en 2018.

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, destaca a “importancia da posta en marcha dun circuíto provincial de carreiras” e agradece a “gran labor de organización e coordinación das probas” que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo e que “permite que este circuíto chegue a súa sexta edición como un evento consolidado na ampla axenda deportiva da provincia”.

Circuito con probas, datas previstas e concellos:

Proba Data Prevista Concello
VIII Carreira Batalla de Cacheiras 21/04/2018 Teo
VIII Carreira Pedestre Concello Vimianzo 22/04/2018 Vimianzo
VI Carreira Pedestre Concello de Oroso 22/04/2018 Oroso
XV Carreira Pedestre Popular Concello O Pino 29/04/2018 O Pino
V Carreira Popular Concello de Curtis 05/05/2018 Curtis
V Carreira Pedestre Popular Concello Frades 12/05/2018 Frades
III Carreira Pedestre Concello de Mazaricos 13/05/2018 Mazaricos
XI Carreira Popular de Outes 17/05/2018 Outes
IV Carreira Popular Concello de San Sadurniño 27/05/2018 San Sadurniño
V Carreira Pedestre Concello de Zas 02/06/2018 Zas
VII Carreira Popular Ría do Burgo 10/06/2018 Culleredo
VIII10k Carreira Popular Concello Carballo 17/06/2018 Carballo
V Carreira Pedestre Concello de Cee 23/06/2018 Cee
V Carreira Popular Concello de Muxía 15/07/2018 Muxía
III Carreira Popular do Apóstolo 21/07/2018 Laracha
X Carreira Popular Concello Pobra do Caramiñal 05/08/2018 A Pobra do Caramiñal
XXIX Carreira Popular Concello de Cambre 15/08/2018 Cambre
VII Carreira Nocturna Corre por Ferrol 25/08/2018 Ferrol
XXVII Carreira das Areas de Carnota 26/08/2018 Carnota
XXII Carreira Pedestre Popular 01/09/2018 Noia
V Carreira Popular Dolmen de Dombate 22/09/2018 Cabana de Bergantiños
XX Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira 29/09/2018 Ribeira
XXXVI Carreira Pedestre da Amaía 06/10/2018 Brión
VIII Carreira El Auga Unicef 07/10/2018 Sada
V Carreira Popular Concello de Fisterra 14/10/2018 Fisterra
XIX Carreira Pedestre Popular Concello Ames 21/10/2018 Ames
VI Carreira Popular Concello de Rianxo 01/11/2018 Rianxo
XXXIX Carreira Popular de Negreira 11/11/2018 Negreira
XIV Mar de Boiro-Memorial Pepe Buceta 02/12/2018 Boiro
VII Sin-Son 10k 23/12/2018 Porto do Son

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *