Portada > Actualidad > O PP responde ao BNG que a campaña de desbroce está en marcha

O PP responde ao BNG que a campaña de desbroce está en marcha

Desbroce en Coirón o día 4 de xuño. Foto: PP da Laracha.

Desbroce en Coirón o día 4 de xuño. Foto: PP da Laracha.

O BNG da Laracha pediu recentemente que comenzara con urxencia a campaña de debroce. O PP afirma ao respecto que “chegan tarde coas súas reivindicacións demostrando descoñecer por completo o que sucede no termo municipal porque a campaña de desbroce leva días en marcha. Ademais tamén evidencian ignorar que desbrozar 500 km lineais lóxicamente require de tempo: é materialmente imposible e económicamente insostible que a primeiros de xuño todas as estradas estean desbrozadas”.

O concello da Laracha afirma que a campaña xa está en marcha desde o pasado luns 1 de xuño, iniciándose antes que en anteriores anos porque as circunstancias así o requirían. “A día de hoxe xa se completou o desbroce en todos os núcleos da parroquia de Lestón e estase actuando simultáneamente en Caión e Coiro. A continuación acometeranse as mesmas tarefas nas outras dez parroquias”, sinalan desde o PP da Laracha.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *