viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > O Patín Conxuro achega a Caión a competición en patinaxe artística

O Patín Conxuro achega a Caión a competición en patinaxe artística

O Club Patín Conxuro organiza o campionato galego de patinaxe artística de categorías benxamín a infantil que se celebra o sábado 15 de setembro no pavillón de Xermaña, en Caión; colaboran a Federación Galega de Patinaxe e o Concello da Laracha.

A proba desenvolverase entre as 10:00 e as 20:35 horas e está previsto que acudan a este campionato preto de 50 participantes, que representarán aos seguintes 19 clubs procedentes de toda Galicia:
CP Conxuro (A Laracha)
C.A.R.P.A Viqueira (Vigo)
CPA Ágora (Santiago)
CP Compostela (Santiago)
CPA Condado (Salvaterra de Miño)
Coruxo F.C (Coruxo)
Covelo PA (Covelo)
CPA Gondomar (Gondomar)
AD Raiola (Ferrol)
Patín Velúa (Malpica)
Patín Oroso (Santiago)
CPA Valladares (Vigo)
CPA Omega (Santiago)
CP Ribeira (Ribeira)
Patín Axel (Arteixo)
CP Sarela (Santiago)
CP Buxaina (Ferrol)
CP Oleiros (Oleiros)
CPA Maxia (A Coruña)

O C.P. Conxuro da Laracha, organizador do evento, estará representado pola patinadora da categoría Infantil Claudia Piñeiro Calvete, que fora a 6ª clasificada no último campionato provincial.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *