lunes, agosto 20, 2018
Portada > Actualidad > O itinerario peonil e ciclista A Laracha-O Cancelo é o máis adelantado de Galicia

O itinerario peonil e ciclista A Laracha-O Cancelo é o máis adelantado de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou o 30 de xullo de 2018 que o remate das obras do novo itinerario peonil e ciclista entre A Laracha e O Cancelo permite situar a Bergantiños como a comarca no que a execución do Plan de Sendas de Galicia está máis adiantado.

Esta actuación supuxo un investimento da Xunta de preto de 1 millón de euros e vén a sumarse aos 750.000 euros destinados á senda entre A Laracha e Poisaco. E, tal e como sinalou a conselleira, mostran a aposta da Xunta pola mellora da seguridade viaria e pola protección do medio ambiente, coa construción de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe.

A novo itinerario de uso compartido que une os núcleos da Laracha e O Cancelo, de preto de 2 km de lonxitude, comeza no lugar onde xa existían beirarrúas, na Laracha, e continúa, pola marxe esquerda da estrada AC-552, ata a intersección coa estrada Deputación que conduce ao Cancelo, tras pasar a glorieta de enlace coa autoestrada autonómica AG-55. Esta senda peonil e ciclista, que conta cun ancho de 2 metros, está separada da estrada por unha zona axardinada e está pintada de formigón coloreado, para que sexa máis facilmente visible e identificable polos vehículos que transitan esta estrada.

Estes itinerarios mixtos se enmarcan no Plan de Sendas de Galicia, cofinanciadas con fondos europeos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e que na comarca de Bergantiños está xa moi avanzado. Concretou que é a comarca galega na que a execución do plan está máis adiantada, onde se prevén 7 novas sendas que suman 11 km e que supoñen un investimento próximo aos 5 millóns de euros.

Nestes momentos están xa rematadas 4 sendas, esta da Laracha- O Cancelo, a da Laracha-Paiosaco, a de Xornes-Buño-Canta La Rana e a de Carballo-Bértoa. Ademáis está en obras a senda de Neaño-Cabana, ademais dos itinerarios de Laxe-Paseo Marítimo e Carballo-Coristanco, cos proxectos rematados e en supervisión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *