Portada > Actualidad > O Goberno local mellora a rede viaria municipal

O Goberno local mellora a rede viaria municipal

O Concello da Laracha adxudicou o 9 de agosto de 2018, en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, as obras
de mellora de diferentes puntos da rede viaria municipal que alcanzan un investimento total de 267.000,00.

A mellora de camiños nas parroquias de Soandres e Soutullo, foi adxudicada a empresa Construcciones López Cao, S.L., por un importe de 155.944,80 euros. A actuación contempla a renovación do pavimento en seis estradas de Soandres (vías A Baiuca-A Orraca e DP 1913-Condes e núcleos de A Bouza, A Ferradura, Currelos, e Villamir) e en tres de Soutullo (estrada Novás-O Igrexario e núcleos de Novás e Vilar do Boi).

Na parroquia de Vilaño renovarase o pavimento e ampliarase a vía municipal que comunica os núcleos de A Areosa e A Balsa. Esta obra foi adxudicada á empresa Construcciones Alejandro Martínez e Hijos, S.L. por un importe de 111.056,29 euros. Polas características desta estrada, para poder realizar o ancheamento da plataforma será preciso construír muros de escollera e instalar elementos de seguridade como biondas. Ademais, será mellorada a rede de recollida de augas pluviais.

Tamén, o pasado martes asinouse o contrato, coa empresa Excavaciones y obras Candal, S.L., para a realización da obra de Mellora e mantemento de camiños nas parroquias de Lestón e Golmar, por medio da cal se van a mellorar as condicións de determinados camiños rurais nas dúas parroquias.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *