Portada > Actualidad > O Goberno, en pleno extraordinario, da conta da liquidación de exercicio económico 2013

O Goberno, en pleno extraordinario, da conta da liquidación de exercicio económico 2013

Foto arquivo: o Alcalde da Laracha e a conselleira de Traballo

Foto arquivo: o Alcalde da Laracha e a conselleira de Traballo

O Goberno celebrou, o martes 11 de marzo, unha sesión extraordinaria de pleno na que se deu conta conta da liquidación do exercicio económico 2013, cuxo balance deixa unhas magnitudes positivas. Os datos indican que a conta se pechou en 7.213.039,39 euros, preto dun dez por cento máis que o previsto inicialmente.

 Ao longo do curso pasado amortizáronse anticipadamente 960.000 euros de débeda viva, o que supón preto do 75% dos créditos concertados coas entidades bancarias. Outra dato é o remanente líquido de tesourería, que ascende aos 163.400 euros, cantidade que será destinada a investimentos no presente ano.

 Neste senso, o informe de tesourería e intervención correspondente ao último trimestre do 2013,  indica que o Concello da Laracha non ten facturas pendentes de pago. O prazo medio de cobro por parte dos provedores durante o ano pasado foi de 10,7 días desde o recoñecemento da obriga.

Escola Infantil da Laracha

 O Pleno tamén acordou por unanimidade aprobar a declaración de especial interese ou utilidade o proxecto de ampliación da escola infantil da Laracha, integrada na rede A Galiña Azul, o que implicará unha bonificación do 75% no imposto sobre instalacións, construcións e obras (ICIO).

Aplicando a taxa xeral, por concepto de ICIO a este proxecto corresponderíalle abonar 6.204,54. O desconto aprobado polo Pleno reducirá esa cifra ata os 1.551,14 euros, polo que aforro será de 4.653,40 euros.

A ampliación da escola infantil será cofinanciada entre o Concello da Laracha e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. A execución da obra foi adxudicada á empresa Ogmios Proyecto S.L. por un importe superior aos 357.000 euros. A actuación permitirá aumentar a capacidade da instalación para 41 novos usuarios para un total de 115.

Outro punto, a odificación regulamento SAF e ordenanza reguladora da administración electrónica

O regulamento municipal do servizo de axuda no fogar (SAF) foi modificado en varios dos seus artigos para adaptalo á nova lexislación autonómica. Deste xeito cambiaranse as normas que regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes e, por último, a participación das persoas usuarias no financiamento do custo do servizo. Neste asunto abstivéronse os concelleiros do grupo do BNG.

Ademais, aprobouse por unanimidade a ordenanza reguladora da Administración electrónica (accesible en sede.alaracha.es ou a través dun banner na web oficial municipal www.alaracha.es. O texto establece os dereitos e deberes que rexen as relacións por medios electrónicos dos cidadáns co Concello, fixa o marco xeral de actuación para a implantación, impulso e desenvolvemento da Administración electrónica e regula as condicións e os efectos xurídicos do uso dos medios electrónicos nos procedementos administrativos de acordo coas vixentes normas reguladoras do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Aprobación definitiva do estudo de detalle da AR-S2 “Cancelo do Medio”

Tamén por unanimidade, que foi aprobado con carácter definitivo o estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas 11 e 12 da área de reparto AR-S2 “Cancelo do Medio”.

Esta trámite urbanístico posibilitará a agrupación de dúas parcelas contiguas -que fora solicitada polos seus propietarios- para a posterior construción dunha vivenda unifamiliar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *