Portada > Actualidad > O Conxuro da Laracha participa no XXI Trofeo Ciudad de Palma

O Conxuro da Laracha participa no XXI Trofeo Ciudad de Palma

O Club Patinaxe Conxuro A Laracha viaxa o xoves 18 de outubro (2018) a Palma de Mallorca con 8 patinadoras para participar no XXI Trofeo Cuidad de Palma de Patinaxe Artística nas modalidades Absoluta e Élite.

A proba terá lugar no pavillón de Son Rapinya da capital das Illas Baleares. O campionato comezará o venres cos adestramentos e o sábado e o domingo celebrarase a competición.

O C.P. Conxuro de A Laracha será o primeiro club galego en formar parte deste trofeo que conta con 21
anos de historia.

XXI Trofeo Ciudad de Palma – Cp Conxuro A Laracha

As patinadoras que representarán ao Club Patinaxe Conxuro A Laracha no XXI Trofeo Ciudad de Palma
son:
Antia Cotelo Baldomir: Categoría Benxamín Absoluta
Andrea Aldao Ruíz: Categoría Infantil Absoluta
Marta Andrade Fraga: Categoría Alevín Élite
Claudia Piñeiro Calvete: Categoría Infantil Élite
Natalia Rama Toja: Categoría Infantil Élite
Ainhoa Cotelo Baldomir: Categoría Infantil Élite
Adriana Gabiola García: Categoría Infantil Élite
Andrea García Ramilo: Categoría Junior Élite

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *