Portada > Actualidad > O Concello e o Club Baloncesto Laracha firman un convenio para xestionar as escolas municipais de baloncesto

O Concello e o Club Baloncesto Laracha firman un convenio para xestionar as escolas municipais de baloncesto

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e Eliseo Velo secretario do Club Baloncesto Laracha, asinaron ven de asinar o convenio de colaboración a través do que o Club asume a xestión das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto durante a temporada 2018-2019. Ambas entidades tamén manterán unha estreita cooperación na planificación, organización e realización das actuacións necesarias para o fomento desta disciplina
deportiva nas categorías de base.

O acordo establece que o Concello subvencionará o 50% do custe da actividade de cada participante. Da cota de 30 euros mensuais fixada polo club, os rapaces soamente deberán aboar 15 euros.

As Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto contan actualmente con 5 seccións nas que destaca a alta participación feminina. Na categoría infantil hai equipos feminino (11 xogadoras) e masculino (10 xogadores). O resto de categorías son mixtas, con 13 participantes en alevíns (7 nenas e 6 nenos), 27 en benxamín (16 nenas e 11 nenos) e 23 en pequebasket (7 nenas e 16 nenos). En total hai inscritos 84 xogadores, 43 rapaces e 41 rapazas.

O convenio asinado hoxe tamén inclúe a organización por parte do C.B. Laracha do torneo José Antonio Vega, un referente para o baloncesto de base da provincia durante o Nadal que neste ano alcanzará a súa 8ª edición.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *