sábado, julio 21, 2018
Portada > Actualidad > O concello da Laracha organiza unha excursión a Cantabria e Bilbao para persoas da terceira idade

O concello da Laracha organiza unha excursión a Cantabria e Bilbao para persoas da terceira idade

Excursión en Laredo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O prezo por persoa foi de 240 euros e inclúe o aloxamento, pensión completa e guía en todas as visitas.

O Concello subvenciona integramente o prezo do transporte en autobús.

Medio centenar de veciños da Laracha xubilados e pensionistas maiores de 60 anos de idade están a participar na excursión “Cantabria Infinita” que organiza o Concello, da que tamén forman parte o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de servizos sociais, Rocío López. Onte luns foi a saída do autobús e o regreso está previsto para o sábado.

A primeira parada foi na localidade de Laredo. Durante esta semana tamén visitarán Bilbao, Santillana del Mar, Potes, Comillas, Santander e Castro Urdiales, entre outros lugares. O programa contempla visitas turísticas e culturais ao Museo de Altamira, Monasterio de Santo Toribio de Liébana, Cueva de Pozalagua e unha fábrica de sobaos pasiegos situada no val do río Pas.

O prezo por persoa desta excursión foi de 240 euros, que inclúe cinco noites de hotel en habitación dobre e réxime de pensión completa (almorzo, comida e cea), guía en todas as visitas e seguro de viaxe. O Concello da Laracha subvenciona integramente o custo do transporte en autobús.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *