Portada > Actualidad > O Concello convoca catro prazas de policía local

O Concello convoca catro prazas de policía local

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o 24 de outubro (2018) o anuncio do Concello da Laracha coas bases da convocatoria para a provisión temporal, en comisión de servizos, de catro prazas de Policía Local que están actualmente vacantes.

A convocatoria vai dirixida exclusivamente a funcionarios de carreira pertencentes a algún dos corpos de Policía Local de Galicia coa praza de Policía Local.

As persoas que desexen formar parte deste proceso selectivo teñen un prazo de 15 días hábiles a contar do 25 de outubro para presentar a súa solicitude. A documentación a achegar pode consultarse no BOP.

A duración máxima será ata a cobertura destas prazas e, en todo caso, por un período máximo de 1 ano con posibilidade de prórroga por outro ano máis.

Cabe lembrar que o Concello da Laracha ten delegada na Axencia Galega de Seguridade a convocatoria de dúas prazas de Policía Local como funcionarios e a previsión é que a incorporación dos mesmos, unha vez completo o procedemento selectivo e os preceptivos cursos formativos, sexa efectiva no segundo semestre do próximo ano.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *