viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > O CEIP de Caión estrea curso coa pista polideportiva renovada

O CEIP de Caión estrea curso coa pista polideportiva renovada

O curso escolar 2018-2019 comeza este mércores 12 de setembro de 2018 para os alumnos que cursan estudos de educación infantil e primaria. O Concello da Laracha está a ultimar as actuacións necesarias para que as instalacións dos colexios e os seus espazos complementarios estean en perfectas condicións para recibir aos nenos e ao profesorado e iniciar a actividade. Neste sentido, o CEIP de Caión estrea curso coa pista polideportiva renovada.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro responsable da área de ObrasPúblicas, Jesús Souto, acudiron o luns 10 de setembro ao CEIP de Caión para coñecer in situ o desenvolvemento dos traballos de renovación da pista polideportiva do colexio.

Nesta infraestrutura municipal estase realizando o pulido de toda a súa superficie co propósito de mellorar o seu
pavimento. A continuación será pintada e, por último, marcadas as diferentes pistas de xogo. A intervención completarase realizando unha serie de melloras puntuais no seu entorno, incluíndo os accesos, os bancos e a malla perimetral. Por outra banda, o Concello da Laracha tamén pavimentou o espazo do interior do recinto situado fronte a entrada principal ao colexio.

Ademais, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia realizou durante o verán actuacións no interior do centro co obxectivo de facilitar a actividade diaria. Así, acometeuse unha reparación na cuberta e na planta baixa foron remodelados os aseos e unha das aulas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *