Portada > Actualidad > O CEIP de Caión, entre os novos centros da Coruña que incorporan o libro dixital

O CEIP de Caión, entre os novos centros da Coruña que incorporan o libro dixital

Un total de 38 novos centros sostidos con fondos públicos da Coruña incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 91 centros beneficiados en toda a provincia, un 72% máis que o ano pasado. Todos eles – estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital. Un deles, O CEIP de Caión.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución
definitiva na que se dan a coñecer os centros E-Dixgal para este novo curso. En toda Galicia, son 114 os novos centros adheridos ao proxecto, que xa chega a 267 en total (un 70% máis que o curso pasado) e 18.000 alumnos, un 55% máis.

Nome do centro Concello Etapa educativa

CPI As Mirandas Ares

Educación Primaria

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen Betanzos
CEIP Wenceslao Fernández Flórez Cambre
CEIP Portofaro Cambre
CEIP Gonzalo Torrente Ballester Cambre
CEIP Cruceiro de Canido Ferrol
CEIP de Recimil Ferrol
CEIP Manuel Masdías Ferrol
CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte

Ferrol
CEIP de Esteiro Ferrol
CEIP A Laxe Ferrol
CEIP Ponzos Ferrol
CEIP Plurilingüe O Ramo Fene
CEIP de Caión A Laracha
CPI Plurilingüe Cernadas de Castro Lousame
CEIP de San Ramón Moeche
CEIP Felipe de Castro Noia
CEIP de Sigüeiro Oroso
CEIP de Oza dos Ríos Oza-Cesuras
CEIP Ramón Cabanillas Santiago de Compostela
CEIP Plurilingüe Monte dos Postes Santiago de Compostela
CEIP Bergantiños Carballo
CEIP Santa Baia Boiro
CEIP Os Tilos Teo
CEIP Plurilingüe A Fraga As Pontes
CEIP Isaac Díaz Pardo Culleredo
CPR Nuestra Señora del Rosario Arzúa

Educación Primaria e Secundaria

CPI Armando Cotarelo Valledor Boimorto
CPI Alcalde Xosé Pichel Coristanco
CPI Plurilingüe de Vedra Vedra
IES de Catabois Ferrol

Educación Secundaria

IES Saturnino Montojo Ferrol
CPI de Xanceda Mesía
IES As Telleiras Narón
IES Campo de San Alberto Noia
IES de Cacheiras Teo
IES As Insuas Muros
IES Poeta Añón Outes

E-Dixgal naceu como experimental no curso 2014/15 coa intención de proporcionarlle aos centros da rede Abalar un proxecto integral para facilitar o desenvolvemento de proxectos de educación dixital mediante a incorporación de materiais específicos. Deste xeito, no vindeiro curso, o 27% dos centros de ensino obrigatorio públicos contan con proxectos de educación dixital, 17 puntos porcentuais máis que no curso 2014/15, cando arrancou esta iniciativa con carácter experimental e que agora se consolida.

Unha vez finalizado o carácter experimental do proxecto, e consolidado no seu procedemento, optouse por darlle un novo impulso mediante a súa ampliación, así como flexibilizando algúns dos requisitos. Deste xeito, na convocatoria deste ano reforzouse o proxecto en ESO cun plantexamento máis flexible e adaptable, posto que require un mínimo de seis materias no modelo dixital, mentres que ata agora se incluían todas as materias na iniciativa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *