Portada > Actualidad > O campamento urbano da Laracha en marcha

O campamento urbano da Laracha en marcha

O Concello da Laracha continúa desenvolvendo o programa de actividades de verán, que inclúe propostas especialmente dirixidas aos nenos como medio de ofrecerlles a eles alternativas para o aproveitamento do seu tempo libre e, aos seus pais, unha axuda para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante as vacacións do verán.

Nesta semana, que comezou o luns 2 de xullo de 2018,  estase a desenvolver a primeira quenda do campamento urbano da Laracha dirixido a nenos de idades comprendidas entre os tres e os sete anos. Están a realizar diversas actividades educativas, deportivas e ludo-recreativas nas instalacións do pavillón do IES Agra de Leborís durante toda a mañá, desde as 9:00 ata as 14:00 horas.

Como proposta educativa complementaria, o xoves realizarán unha saída ao parque eólico experimental de Sotavento, no concello lugués de Xermade. Alí aprenderán cuestións relacionadas coas enerxías renovables e serán concienciados sobre a importancia do aforro enerxético, da reciclaxe e do respecto ao medio ambiente en xeral.

Nesta primeira quenda participan 31 nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2015. A segunda quenda, dirixida ao mesmo grupo de idade e cun programa de similares características ao desta semana, desenvolverase entre o 6 e o 10 de agosto. O prazo de inscrición permanece aberto e os interesados deben anotarse acudindo á Casa do Concello da Laracha.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *