Portada > Actualidad > O BNG denuncia o lamentable estado dunha das rúas da Laracha

O BNG denuncia o lamentable estado dunha das rúas da Laracha

O mal estado dunha das rúas da Laracha. Fonte BNG

O mal estado dunha das rúas da Laracha. Fonte BNG

Desde o BNG consideran que non é de recibo o estado no que se atopa unha rúa en pleno centro da Laracha, a escasos 150 metros da casa do concello. Esta rúa, que é a 2ª travesía da céntrica rúa López Astray, está co asfaltado inicial que pagaron dos seus petos os vecinos e veciñas hai uns 30 anos, e desde o goberno municipal do PP semella que non teñen intención alguna de poñer remedio ao seu lamentábel estado de conservación.

O BNG pensa que os veciños pagan os impostos para algo, non para ter que aguantar que a súa rúa non sexa decente. Deberían invertir en arranxar a rúa e non andar con algún parche. Que a rúa non se asfalte dende hai 30 anos, ten delito.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *