viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > O BNG da Laracha presenta unha iniciativa en defensa dos Rexistros Civís

O BNG da Laracha presenta unha iniciativa en defensa dos Rexistros Civís

A presenza dos rexistros civís en todos os concellos galegos desaparecerá.

A presenza dos rexistros civís en todos os concellos galegos desaparecerá.

Xoán Manoel Sande, portavoz do BNG da Laracha, presentou hoxe, 9 de abril, una moción que insta ao Goberno español a no traspasar o Rexistro Civil aos rexistros da propiedade e mercantís e a derogación do real decreto que contempla este traspaso. Así mismo, insta á Xunta a que garanta o servizo público, a atención nos xulgados de paz e a gratuidade futura nas funcións que prestan os rexistros civís.

O goberno español aprobou o pasado ano o Real decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, que leva aparellado o traspaso dos rexistros civís aos rexistros mercantís. Sande cre que o traspaso dos rexistros civís aos rexistros mercantís suporá que “un servizo até o de agora gratuíto acabará converténdose con case total seguranza en de pago obrigado” ao ser privatizado.

Afirma tamén que as persoas usuarias “en moitos casos terán que facer longos e custosos desprazamentos, pois recentemente confirmouse que o Rexistro vai ser asumido unicamente por aqueles que teñen competencias mercantís. O mapa, pois, na Galiza ficaría só con rexistros na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra, fronte á actual presenza dos rexistros civís en todos os concellos galegos”.

biceps long head

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *