viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > O BNG da Laracha alerta do peligro de dúas especies protexidas en Soandres

O BNG da Laracha alerta do peligro de dúas especies protexidas en Soandres

O BNG larachés alerta do perigo de dúas especies protexidas na parroquia de Soandres, na Laracha e anuncia que vai presentar unha inicitativa no vindeiro Pleno demandando protección para as fragas onde habitan.

Segundo o BNH, unha plantación de eucaliptos e a corta dunha fraga pon en perigo dúas especies protexidas no lugar do Pazo de Soandres. Tratase da Píntega Galega ou Rabilonga (Chioglossa lusitanica), especie endémica de Galiza, e o Caracol de Quimper (Elona  quimperiana). Estas especies están protexidas polo Convenio de Berna, pola directiva de hábitats da Unión Europea, polo estado español e a Xunta de Galicia.

A píntega galega e o caracol de quimper son especies que non é doado velas e que viven en bosques aducifolios e de auga moi limpa. “Cada vez quedan menos hábitats así no noso Concello – din desde o BNG – onde viven acurradas estas e outras especies. Pequenas illas de diversidade, as que debemos protexer, entre tanta plantación de eucaliptos e piñeiros”.

Por todo isto, o Grupo Municipal do BNG da Laracha solicitará no próximo Pleno Ordinario da Corporación, mediante a presentación dunha moción, que se inicie o proceso para dotar dunha especial protección ás fragas onde habitan estas espécies protexidas, no lugar do Pazo (Soandres), e a contorna do río Acheiro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *