Portada > Actualidad > Novo mobiliario urbano en sendas ciclistas e peonís

Novo mobiliario urbano en sendas ciclistas e peonís

O Concello da Laracha dispón desde hai poucos meses de dúas novas sendas peonís e ciclistas construídas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia. Unha delas comunica Paiosaco con A Laracha e a outra, a propia capital municipal coa estrada do Igrexario da parroquia de Cabovilaño, no lugar de O Cancelo.

Estes equipamentos melloran a seguridade viaria, facilitan as comunicacións e promoven os estilos de vida saudables.

O Concello está a dotar co correspondente mobiliario urbano a ambas sendas. Deste xeito están a ser instaladas papeleiras e bancos en puntos estratéxicos da mesma, xa que se trata de lugares que, pola súa ubicación e anchura do tramo, non obstaculizan o tránsito nin de peóns nin tampouco de ciclistas.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *