lunes, agosto 20, 2018
Portada > Actualidad > Novo encontro das escolas municipais de fútbol con Un Paso Máis

Novo encontro das escolas municipais de fútbol con Un Paso Máis

Encontro Un Paso máis Laracha

Despois da experiencia desenvolvida hai agora tres meses no pavillón do CEIP Otero Pedrayo, as escolas municipais de fútbol sala da Laracha e a escola de fútbol da Agrupación Deportivo Un Paso Máis, con sede no concello de Carballo, celebraron un novo encontro, desta volta no pavillón Vila de Noia.

A xornada consistiu na disputa de varios encontros amigables nos que participaron nenos de entre 7 e 11 anos.

A iniciativa, na que unha vez máis o resultado dos partidos foi o menos importante, tivo unha dobre finalidade para os rapaces: divertirse practicando esta modalidade deportiva e manter un contacto con nenos da súa mesma idade para favorecer as relacións sociais entre eles e coñecer o importarte labor que desenvolve Un Paso Máis.

O propósito e manter no futuro a colaboración entre ambas entidades e manter encontros mensuais ata final de curso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *