viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > Nova edición da Festa do Río do BNG da Laracha

Nova edición da Festa do Río do BNG da Laracha

O sábado 25 de agosto de 2018, o BNG da Laracha, celebra a súa tradicional Festa do Río.

Á actividade, un xantar campestre na área recreativa de Gabenlle, asistirán militantes e simpatizantes da Laracha e da comarca. Ademais do xantar celebrarase un aberto de billarda a partir das 17:30 horas no campo anexo á área recreativa.

A Festa do Río está previsto que asista o deputado no Parlamento Galego e membro da Executiva Nacional do BNG, Xosé Luis Rivas “Mini“, que fará unha intervención antes de comezar o xantar, ás 14:45 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *