miércoles, abril 25, 2018
Portada > Actualidad > O Museo de Golmar, aberto de luns a venres

O Museo de Golmar, aberto de luns a venres

Fuente foto: Turismo A Laracha

Desde o Concello lembran que o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar está aberto de luns a venres (días laborables) en horario de 11:00 a 15:00 horas.

Ademais, ofrécese a posibilidade de concertar visitas guiadas para grupos en calquera día do ano concertando cita previamente no Concello da Laracha.

En todos os casos a entrada é gratuíta.

O Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte está situado na antiga Casa Reitoral de Golmar, moi preto da igrexa parroquial de San Bieito e a carón da estrada A Laracha-A Silva (CP 2404). Na instalación faise un percorrido por medio de mapas, documentos, imaxes e pezas reais de muíños, a través do que os visitantes poderán coñecer como era o seu funcionamento, a súa importancia social e os diferentes tipos de muíños que existían na Costa da Morte.

O exterior do museo dispón dunha ampla área de descanso dotada cun parque infantil, sendo un lugar ideal para acudir en familia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *