Portada > Actualidad > Mes do libro na Laracha: o obxectivo fomentar a lectura

Mes do libro na Laracha: o obxectivo fomentar a lectura

Foto archivo

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, sendo unha data programada co obxectivo de fomentar a lectura, especialmente entre os nenos. É tamén por ese motivo que abril é considerado como o Mes do Libro.

O Concello da Laracha, tal e como está a ser habitual nos últimos anos, leva a cabo un programa de propostas para conmemorar o Mes do Libro con varias iniciativas dirixidas ao público infantil. Realizarase en abril nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.

As sesións de contacontos infantís desenvolveranse sempre ás 17:30 horas o venres 6 (Os contos da tía Lola, de Inacio Vilariño, en A Laracha), mércores 11 (Comechíns, segundo prato de Galeatro, en Caión), venres 20 (Non máis guerras, de Trinke Trinke, na Laracha) e venres 27 (Avós, de Trinke Trinke, en Paiosaco).

Tamén haberá un espectáculo dirixido a bebés titulado O sapiño que non quería comer, de La Nube Teatro. Terá lugar na biblioteca municipal da Laracha o domingo 15 a partir das 12:00 horas.

Ademais, realizaranse obradoiros infantís dirixidos a estudantes de educación primaria e consistentes na elaboración de manualidades. O primeiro, baixo a denominación Un complemento para… min, terá lugar nas bibliotecas da Laracha (mércores 4), Paiosaco (xoves 5) e Caión (mércores 25). O segundo titúlase Un agasallo para… ti, cunha única sesión programada na Laracha (xoves 26). En todos os casos a hora de inicio será as 17:30
e terán unha duración duns 50 minutos.

A participación en calquera destes eventos e actividades é gratuíta e non require inscrición previa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *