Portada > Actualidad > Melloras ao acceso do parque empresarial da Laracha

Melloras ao acceso do parque empresarial da Laracha

Desde mediados deste mes de outubro xa está en marcha a execución do novo proxecto de mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial da Laracha.

A actuación consiste en completar os accesos principais ao polígono industrial, tantos os peonís como os rodados, na zona sur e na nordeste, aumentando deste xeito a seguridade viaria en ambos ámbitos.

Na entrada polo sur, o punto no que se centran actualmente os traballos, estase a construír unha senda peonil que comunicará a primeira glorieta da área industrial entrando desde a AC-552 ata a seguinte rotonda.

No acceso nordeste (estrada de Lendo, xunto á DP-1913) completaranse as beirarrúas pola marxe dereita e ampliarase a anchura da plataforma da calzada.

En ambos puntos de intervención será mellorado o pavimento para facilitar a circulación rodada dos vehículos.

Este proxecto está valorado en 120.000 euros e é cofinanciado entre o Concello da Laracha e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro do programa de habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais públicos galegos.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *