Portada > Actualidad > Mellora da estrada a Areosa – A Balsa

Mellora da estrada a Areosa – A Balsa

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e os responsables da empresa Construcciones Alejandro Martínez e Hijos S.L., reuníronse o 31 de xullo de 2018 para formalizar o contrato da obra de mellora da estrada entre A Areosa e A Balsa, na parroquia de Vilaño.

Este proxecto está valorado en 130.500 euros. A anchura da estrada será ampliada en tres metros para alcanzar unha anchura total de oito nun tramo que supera os trescentos metros de distancia. Polas características desta estrada, para poder aumentar a súa plataforma será preciso construír muros de escollera e instalar elementos de seguridade como biondas. Ademais, será mellorada a rede de recollida de augas pluviais.

Deste xeito reforzarse a seguridade nesta vía, que ademais de comunicar os núcleos de Areosa e A Balsa tamén dá acceso cara A Piña e o concello de Carballo por Berdillo e Sofán.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *