martes, junio 19, 2018
Portada > Actualidad > Máis de 31.000 galegos acceden á formación dixital gratuita nas aulas do CeMIT

Máis de 31.000 galegos acceden á formación dixital gratuita nas aulas do CeMIT

imglarachaA Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) ofrece alfabetización dixital á cidadanía a través de distintas actividades formativas: cursos presenciais nas aulas da Rede; cursos on line a través da plataforma online Ema (Espazo Multimedia de Aprendizaxe); charlas presenciais; e actividades impartidas por entidades colaboradoras coa Rede CeMIT.
O perfil maioritario das aulas CeMIT é o dunha muller cunha idade comprendida entre 41 e 65 anos e cuns coñecementos informáticos de nivel usuario. Os porcentaxes de usuario por sexo son: mulleres: 57%; homes: 43%. Estes datos referidos ao nivel de coñecemento apuntan: sen coñecementos 24%; básico 34%; nivel usario 36%; técnico avanzado 6%. Por idade: menor de 15 anos: 11,4%; entre 15 e 25 anos: 10,7%; entre 26 e 40 anos:31,3%; entre 41 e 65 anos: 39,3%; maiores de 65 anos:7,3%.
O Plan de Formación das aulas do CeMIT 2013 establece 13 itinerarios formativos con 60 cursos para as distintas áreas en función dos colectivos e as súas necesitades. Os itinerarios formativos abranguen a alfabetización dixital básica, empresarios e emprendedores, equipamento TIC, redes sociais, imaxe e audio, formación a desempregados, ofimática en software libre, operacións a través de Internet, creación multimedia e web 2.0, administración electrónica, capacitación especialización e software libre,
ocio en Internet e multimedia e ferramentas TIC.
Cando o usuario accede á Rede realiza unha proba de nivel para que o Axente TIC lle poida recomendar a realización do itinerario máis axustado ás súas necesidade. Os cursos rematan cunha proba de aproveitamento para coñecer o nivel de aprendizaxe do usuario.
A Rede ofrece tamén a teleformación a través do Espazo Multimedia de aprendizaxe, que permite achegar a alfabetización dixital e a formación multimedia e audiovisual a un maior número de usuarios.
A Rede CeMIT está integrada por 98 aulas públicas de acceso gratuíto, presentes en 92 concellos e 53 comarcas. O obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *