viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > Máis de 200 inscritos na III Carreira Popular do Apóstolo de Vilaño

Máis de 200 inscritos na III Carreira Popular do Apóstolo de Vilaño

Xa hai máis de 200 inscritos na III Carreira Popular do Apóstolo de Vilaño e varios dos atletas máis destacados da Costa da Morte confirmaron a súa presencia.

A carreira a organiza a Asociación Adro de Vilaño no concello larachés, xunto con unha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas.

O evento será o sábado 21 de xullo de 2018 en horario de tarde e as inscripcións permanecen abertas ata o 18 de xullo. Os interesados poden facer efectivas as inscripcións na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha (2º andar) ou na Piscina Municipal.

A cuota é de 5 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluindo para todos eles unha camiseta conmemorativa do evento. A metade da recaudación da andaina irá destinada a Cáritas de A Laracha.

Entre os servicios ofrecidos pola asociación organizadora destacar o servicio de gardería con monitores para os máis pequenos, así como pinchos ao remate para tódolos asistentes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *