Portada > Actualidad > Lemaio e Soutullo terán nova praza

Lemaio e Soutullo terán nova praza

A praza de Lemaio situarase xunto a igrexa de Santa Mariña. Foto: turgalicia.es

A praza de Lemaio situarase xunto a igrexa de Santa Mariña. Foto: turgalicia.es

O Concello anunciou o 25 de abril a construcción de novas prazas públicas nas parroquias de Lemaio e Soutullo e obras de mellora da rede viaria en vinte e seis núcleos rurais situados en nove parroquias do municipio.

A área de descanso de Lemaio terá unha superficie de 5.500 metros cadrados e situarase nas inmediacións da igrexa de Santa Mariña e o cemiterio. No caso de Soutullo, a praza, duns oitocentos metros cadrados, crearase nas inmediacións da igrexa de Santa María.

En ambos casos as novas prazas públicas crearanse en zonas que son puntos de encontro de referencia para os veciños desas parroquias. As actuacións que se realizarán serán respectuosas co entorno no que se sitúan e garantirán a plena accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Estes espazos públicos poderán ser empregados para diversos usos: área de esparexemento, zona de aparcamento de vehículos e lugar de celebración de actividades e eventos, entre outros.

En canto as actuacións que se realizarán na rede viaria, consisten na renovación e mellora do firme en varias vías na parroquia de Cabovilaño (A Braña-Cardois-A Cacharra, A Braña-As Abeleiras, Xeriz-cruce de Nogán, A Teixoeira-Vista Alegre) e nos accesos e núcleos de A Fontenla (parroquia de Erboedo), Barbacán (Coiro), O Retorno (Lendo), Trixezo (Soandres), O Seixoso e A Abeleira (Soutullo), Estramil (Torás), A Balsa, O Pazo, O Pereiro, Fornelos e Vilanova (Vilaño) e Cumiáns, O Raño, A Cerdeira, A Penela, O Viso, O Penedo e A Carballa Redonda (Montemaior).

As obras previstas serán cofinanciadas polo Concello da Laracha cunha achega económica procedente de fondos municipais e pola Deputación Provincial da Coruña. Suporán un investimento total próximo aos 500.000 euros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *