viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > “A Laracha de tapas”, todo este fin de semana

“A Laracha de tapas”, todo este fin de semana

 

“A Laracha de Tapas”

A Laracha de tapas volve, do venres 9 ao domingo 11 de marzo, coa 3ª edición do certame que o Concello da Laracha organiza co obxectivo de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio.

Nesta ocasión participan 11 establecementos que ofrecerán ao público as creacións ao prezo de 1 euro o venres (de 20:00 a 24:00 h), sábado (de 11:30 a 15:00 e de 19:00 a 24:00 h) e domingo (de 11:30 a 15:00 h).

Os locais que forman parte desta edición son:

  • Hotel-Restaurante ABC: Xamón afumado con patacas gratinadas
  • Amalou: Bisté en tarteira con patacas e olivas
  • D’Antón Lounge Bar: Sabor de sempre
  • Café-Bar Esmorís: Costela asada con puré de pataca e grelo
  • Café-Bar Guadalupe: Bocadito Guadalupe
  • Manhattan Skyline: Bolitas de atún con queixo e grelos
  • Café-Bar Mariño: Mexigreta Mariño
  • O Noso Café: Fabas con marisco
  • Café-Bar Os Catro Camiños: Costela de porco en salsa
  • Bar Sandra: Mariscada de ameixas á galega
  • Bar Sara: Tosta de york, lagostino e ovo duro

“A Laracha de tapas” conta con dúas categorías de galardóns. A do xurado profesional está dotada cun primeiro (300 euros) e un segundo premio (250 euros). Os seus membros serán os bloggers gastronómicos, José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Alberto López Traba (http://elzampondecompostela.blogspot.com.es/) e Lucía Deza (https://lasrecetasdelualba.es/). Acudirán identificados a cada local para degustar as tapas, valorar e seleccionar as mellores creacións.

O premio do xurado popular á mellor tapa está dotado con 200 euros e será decidido directamente polos clientes. Cada establecemento terá a disposición do público urnas pechadas e as papeletas para emitir as votacións, que deberán estar debidamente cubertas e contar co selo de tres locais, xa que para votar é imprescindible ter degustado tres tapas diferentes. Todos os consumidores que realicen o seu voto entrarán no sorteo de regalos cedidos polos establecementos hostaleiros participantes, Adegas Carballo e o local de produtos de limpeza Prolimbe.

O Concello distribúe un mapa de localización de todos os establecementos participantes, indicando as tapas que se ofrecen en cada un deles e o seu emprazamento. Ademais hai un tren turístico que fai un percorrido continuado entre os once locais que forman parte do evento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *